Dende o asteroide B-612
Colecciono "Le petit prince" en tódolos idiomas que os meus viaxes e os meus amigos poden aportarme...
sábado, 8 de diciembre de 2012
Le petit prince... xuntos e revoltos
Pois ben, hoxe quería contar como volvín toparme unha terceira vez co Le petit prince . Xa se sabe que a terceira vai a vencida.... Pero ante a dúbida de se tiña ou non tiña o Petit en checo, decindín que era un bo momento para organizar a todos estes chiquitíns....
Se non volvo nuns días xa sabedes onde ando, entre baobabs, rosas, serpres, raposos e algún que outro planeta habitado por xente rara...
A principiña
jueves, 6 de diciembre de 2012
Le petit prince... reencontro
Pasados uns anos da escola primaria, chegou como por arte de maxia un libro as miñas mans; "Donde el corazón te lleve", de Susana Tamaro.
A día de hoxe pouco lembro desa historia, o que si podo recordar é o seu inicio, unha carta que escribía unha avoa a súa neta contandolle cando lle pedira unha rosa. O motivo desta petición era que ela acaba de ler Le petit prince e quería ter unha rosa... obviamente tamén lle pediu un raposo....
A Principiña
martes, 4 de diciembre de 2012
Le petit prince.... o comezo
A primeira vez que lin un fragmento de Le petit prince, debía ter non máis de 6 ou 7 anos. Estaba na escola e tíñamos un libro de lectura no que se recopilaban capítulos de libros; un deles era o cápitulo I de Le petit.
Coido que ao ler ese pequeno fragmento, non sabía a paixón que anos máis tarde me levaría a quere poseer tódalas edicións impresas desta xoia como se foran pequenos fillos aos que querer e aturar.
Aquí comeza o meu intento de darlle protagonismo a cada un deles, pero con calma, que a día de hoxe teño máis de 50 fillos aos que teño que coidar.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)